Outro Amityville xa en marcha

0
192

A Hannibal Classics producirá Amityville: The Legacy 3D, un novo filme de terror baseado na popular franquía da casa enmeigada.

Ao contrário do remake protagonizado en 2005 por Ryan Reynolds, esta non será unha nova versión da novela The Amityville Horror publicada orixinalmente en 1977 polo escritor Jay Anson nin da súa adaptación ao cinema mais famosa, a de 1979.

No seu lugar, Steve B. Harris e Andrew Helm están a adaptar o guión baseado na novela de John G. Jones Amityville: The Evil Escapes (1988), o cuarto libro da série. Moitos dos persoaxes e eventos dese libro foron xa adaptados ao cinema con anterioridade en várias películas da franquía: así, en Amityville 4: The Evil Escapes, de 1989, e Amityville: It’s About Time, en 1992.

O argumento narra a história de Nancy e Michael Evans, unha parella alcanzada pola traxédia após de que Carolyn, a irmá de nancy, se suicidase, deixándo-lles os seus fillos. O matrimónio decide mudar-se á casa das afóras de Carolyn para arranxa-la e logo vende-la, pero alí Nancy comeza a sentir unha preséncia malvada, a mesma forza escura que conduciu á súa irmá á morte.

O filme contará cos clásicos toques da série de Amityville: o marido obsesióna-se, neste caso coa ideia de renovar a casa para poder vende-la, algo que xa acontecera no filme orixinal, e tamén haberá tensión familiar a partir doutro intre típico, a invasión dun enxame de moscas, así coma unha preséncia sobrenatural no faiado que matou hai anos a un xoven sacerdote e deixou a outro mutilado.

Ainda non hai director vencellado a este proxecto, pero o plan é comezar a filmar en setembro e ter todo preparado para a estrea en outubro do ano que ven.