Weaving e Whishaw súman-se a Cloud Atlas

819

Ben Whishaw e Hugo Weaving son os, polo de agora, últimos nomes que se unen ao reparto da ambiciosa adaptación ao cinema da novela de David Mitchell Cloud Atlas que producirán conxuntamente a Warner Bros. Pictures e mais a Focus International.

A parella úne-se asemade aos xa confirmados Halle Berry e Tom Hanks neste filme épico que abrangue seis histórias diferentes ao longo de mil anos e no que cada conto é narrado (ou simplemente observado) polo persoaxe principal no seguinte tramo.

As histórias inclúen a viaxe polo Pacífico dun notário americano en 1850, un xoven músico inglés traballando coma escribano na Bélxica de 1930, un xornalista californiano dos anos 70 investigando a corrupción ao redor dunha planta nuclear, un editor inglés actual que é confinado nunha institución psiquiátrica, un prisioneiro político clon executado nun futuro próximo en Corea, e un membro dunha tribo en Hawaii nun futuro apocalíptico moi afastado, contado ao redor dun fogo de acampamento.

Os irmáns Wachowski e mais o director de The International, Tom Tykwer, compartirán guión e dirección nesta história que promete axuntar a algunhas das faces mais recoñecibeis do momento. Grant Hill e Stefan Arndt serán os produtores e a rodaxe escomezará en outono.