Escomezou a rodaxe de XP3D

0
188

O pasado luns, día 9, escomezou en Barcelona a rodaxe do primeiro filme de terror en 3D español, que se titulará XP3D. Sergi Vizcaíno debuta na dirección con este thriller de terror producido pola Rodar y Rodar, a empresa responsábel de éxitos coma O orfanato e Los ojos de Julia, e mais Antena 3 films, en colaboración con Chroomosome 22.

O filme está protagonizado por Amaia Salamanca, Maxi Iglesias, Luis Fernández e Úrsula Corberó, e contará-nos como o profesor mais duro e excéntrico da faculdade propón a Ángela, unha estudante de psiquiatría escéptica ante a existencia do mundo paranormal, e a un grupo de estudantes demostrar ou desmentir a existéncia do alén investigando unha vila mineira cunha história escura.

Ángela e catro compañeiros de clase emprenderán a viaxe a Susurro xunto a Diana, a irmá menor de Ángela, que lles presta a sua furgoneta. A relación entre ambas fora fría dende a infancia, cando uns tráxicos acontecementos as separaron de xeito irremediábel. Una vez alí, percorren a vila e as suas antiguas minas de sal, e sen facer caso ás advertencias, abren un portal cara o alén con imprevisíbeis consecuéncias.

A estrea de XP3D está prevista para o nadal.