China ergue o veto a Ultraman

0
304

As autoridades da ditadura chinesa veñen de revocar a prohibición histórica que censuraba a preséncia no cinema do persoaxe xaponés Ultraman, o que permitirá que o filme Mega Monster Battle: Ultra Galaxy Legends sexa o primeiro dos 45 anos de história da Tsuburaya Productions en aparecer nas pantallas de cinema chinesas.

O filme, que foi estreado en 2009, foi importado por unha empresa próxima ao réxime comunista, a China Film Group, polo que as autoridades tiveron que erguer o veto que até agora pesaba sobre o superheroe xaponés, que mália todo é moi popular entre os espectadores, acostumados a ve-lo na pequena pantalla, pero nunca no cinema.

Ultraman é un nome que probábelmente soe moito aos fans galegos, acostumados a Ultraheroe, o persoaxe que aparecía nos debuxos animados de Shin Chan, e que está baseado no orixinal Ultraman.

As relacións entre as dúas superpoténcias asiáticas son moi tensas dende sempre, e o governo chinés non quere esquecer que Xapón invadiu o continente entre 1931 e 1945 durante a Segunda Guerra Mundial. Hai uns poucos anos o ditador supremo da China, Wen Jiabao, queixou-se publicamente de que o seu neto pasa-se demasiado tempo diante da tele mirando os debuxos animados xaponeses no canto de “disfrutar” das producións de propaganda política chinesas.

O filme, por certo, está dispoñíbel para todo o resto do mundo en Youtube dende hai un par de anos: