Niccol confirmado para The Host

0
192

Após dalgúns tiras e afrouxas ao redor da súa participación, o director e guionista de Gattaca e Lord of War, Andrew Niccol, ven de ser confirmado oficialmente para se encargar da realización de The Host, a adaptación ao cinema que a Inferno Entertainment producirá da novela supervendas de Stephenie Meyer, a creadora da saga de Twilight.

A novela de Meyer é unha história de amor adolescente ambientada nun futuro próximo na Terra, que foi asimilada por unha espécie alieníxena de parásitos benevolentes que se fan chamar “as almas”. Unha de tales almas, o Vagamundo, fusióna-se cunha rapaza que está a morrer, chamada Melanie Stryder (interpretada por Saoirse Ronan), nun intento de localizar o derradeiro reduto de humáns supervivintes na Terra.

Niccol escribiu o guión e nun princípio todo semellaba indicar que ía ser o director, pero nos últimos meses discutiu-se a súa participación. Susanna White (Generation Kill, Nanny McPhee Returns) estivo vencellada ao posto en febreiro, pero tivo que abandoar o proxecto, o que permite agora o regreso de Niccol.