Batman esmaga ao Home Araña

0
181

O JokerO Cabaleiro Escuro ven de sobrepasar a Spiderman 3 coma o filme coa millor fin de semana de estrea nas billeteiras da história, acadando un récord de 155,34 millóns de dólares (98 millóns de euros) nesta pasada fin de semana do 18 de xullo. Até agora o récord ostentábao Spiderman 3 con 151,1 millóns de dólares (95 millóns de euros) dende maio de 2007.

Desde xeito, e grazas ás orellas de Batman, o cinema de Hollywood celebrou o seu millor fin de semana de todos os tempos, cun total de 253 millóns de dólares (159 millóns de euros) de recadación en tres días, batendo por moito aos 218,4 millóns de dólares (138 millóns de euros) do pasado 7 de xullo de 2006, que até de agora mantiñan o récord.

Ainda así, Spiderman 3 mantén o récord de entradas vendidas por moi pouco, pero por mor da suba dos prezos nas billeteiras gañou O Cabaleiro Escuro. Os benefícios finais poderían mesmo superar un pouco estas cifras, que son só estimacións realizadas por empresas especializadas nos Estados Unidos.

No resto do mundo, O Cabaleiro Escuro engadiu outros 40 millóns de dólares (25 millóns de euros) nos 20 países nos que xa se estreou o filme o pasado día 16, incluindo Austrália, México e Brasil. O filme estreará-se en Inglaterra esta fin de semana e irá chegando ao resto das carteleiras do mundo pouco a pouco. A España chegará o vindeiro 13 de agosto.

O Cabaleiro Escuro, que custou 185 millóns de dólares realizar-se, tamén pulverizou o récord de Spiderman 3 no tocante ao millor debut nos cinemas IMAX de pantalla xigante, con 6,2 millóns de dólares. Spiderman 3 acadara 4,7 millóns.

O éxito do filme é ainda máis abraiante ao se realizar en pleno verán. O lanzamento correu o risco de ser eclipsado pola recente morte dunha das súas estrelas, Heath Ledger, o australiano que interpreta o papel do Joker e que finou por mor dunha sobredose de drogas o pasado xaneiro.