Jonathan Levine (The Wackness, All the Boys Love Mandy Lane) será o encargado de dirixir Legend, unha adaptación ao cinema pola CBS Films da vindeira saga de novelas para adolescentes de Marie Lu ambientadas no Los Angeles do século XXII, cando América do Norde está dividida en dúas nacións en guerra.
O argumento vai sobre Day e June, o primeiro é unha figura tipo Robin Hood e o criminal mais buscado do país, e a segundo é unha adolescente prodíxio, contratada para lle dar caza a Day. Os dous serán obrigados a traballar xuntos cando cheguen a coñecer a verdade que agocha o governo.
Marty Bowen e Wyck Godfrey (Twilight) son os produtores. Levine está a participar na comédia 50/50 e rodará Legend unha vez que complete o seu seguinte traballo, que é a história de amor con zombis Warm Bodies na Summit Entertainment.
A novela non aparecerá nas librarías até novembro deste ano.