Xa sabiamos que o Terminator chegara para anunciar unha guerra, pero até agora coidabamos que era a guerra entre as máquinas e os seres humanos. Agora sabemos que é unha guerra entre produtoras por se facer cos seus dereitos.
Por unha banda temos a unha das grandes, a Lionsgate, que estaba a punto de se facer cos dereitos sobre a franquía, cousa que levaba anos tentando. E na outra banda está a Annapurna Pictures, a compañía produtora creada pola herdeira do império Oracle, Megan Ellison, adicada últimamente a financiar proxectos independentes pero con directores salientábeis.
Ellison remitiu unha oferta mais grande cá da Lionsgate, e ainda que non ten unha distribuidora, non lle debería ser difícil dar con algunha. Mália que a franquía xa ten os seus anos e que as dúas últimas secuelas non espertaron demasiado interese entre os afeccionados, o regreso de Arnold Schwarzenegger baixo a dirección do realizador de Fast Five, Justin Lin, ven de lle dar novos azos ao proxecto, que seica está mais vivo ca nunca.
En calquera caso, gañe quen gañe a poxa, os dereitos sobre esta propiedade revertirán ao seu creador, James Cameron, en 2018.