Poe e Lovecraft, cazadores de monstros

871

Poe and Phillips é unha recente novela gráfica orixinal de Jaime Collado e Miguel Cedillo da editorial Arcana Studios que presenta a dous escritores míticos do xénero de terror, Edgar Allan Poe e H.P. Lovecraft, no médio dunha aventura chea de mistério. O cómic non é un auténtico drama con ficción de terror senón unha improbábel aventura onde dous divertidos e heroicos cazadores de mistérios adícan-se a esnaquizar e destruír toda clase de monstros.

As restriccións espácio-temporais non semellan afectar a esta parella, disposta a bater aos monstros onde mais lles doe. Segundo a descrición da própia editorial, “Edgar Allen Poe e Howard Phillips Lovecraft naceron e medraron en épocas moi distintas, pero no decurso das súas vidas ambos adicáron-se a investigar asuntos paranormais e chegaron a ter un caso no que traballaron xuntos. Á procura do poder dunha misteriosa moeda, o improbábel dúo deberá enfrentar-se a un antigo emperados que quere usar as moedas para conquistar o mundo a través de todos os tempos“.

Se a novela ten o éxito agardado, a editorial ten previsto publicar mais aventuras da parella ao longo dos vindeiros anos. Mentres as obras de Lovecraft e doutros mestres do terror fantástico semellan estar cada vez mais de moda, os escritores en si mesmos están mais mitoloxizados do que realmente foron, e este cómic semella disposto a rachar esa ideia e presentar unha obra divertida e chea de acción… se ben todo o que hai nela é ainda mais fantasioso cás obras dos seus autores.