Ronan e Arterton, vampiresas

0
193

Saoirse Ronan e Gemma Arterton serán as actrices que protagonicen en senllos papéis de vampiras o filme Byzantium.

Moira Buffini escribiu o guión sobre unha nai vampiro que converte á súa própia filla nunha vampira. A parella formará unha alianza letal, ás veces actuando coma irmás.

O realizador Neil Jordan (Interview with the Vampire) será o director deste filme, que conta cun orzamento de 11 millón de dólares e que comezará a se rodar en outubro.

Stephen Woolley, que ten unha ampla experiéncia de traballar con Jordan ao longo dos últimos 30 anos, será o produtor.