A Torre Escura reduce custes

0
185

O megaproxecto de triloxía de películas para o cinema e de dúas tempadas de série de televisión que dirixirá Ron Howard adaptando a saga de Stephen King A Torre Escura semella que finalmente non sairá da Universal Pictures após dos rumores dos últimos días.

Agora o problema é que Howard, Brian Grazer e Akiva Goldsman están a manter unha série de xuntanzas coa ideia de baixar o orzamento ao mínimo posíbel.

Segundo din, Goldsman estaría a reescribir o guión para eliminar todas as escenas que poidan ocasionar un custe elevado da rodaxe, que por outra banda, xa está totalmente descartado que poida escomezar na data prevista, que ía ser outono nun primeiro intre. Este adiamento e a baixada do orzamento farán case imposíbel que Javier Bardem, quen nunca chegou asinar o seu contrato, poida interpretar ao protagonista, tal e coma estaba planeado.