Seth McFarlane relanza aos Picapedra

0
189

Após de anos de complicadas negociacións, o creador da famosa série de televisión Family Guy, Seth MacFarlane, está disposto a relanzar a clásica série de debuxos animados Os Picapedra.

Ainda non hai data para o escomezo das emisións, pero o relanzamento producirá-se na canle Fox. O anúncio chega despois de rematar unha longa e complicada negociación entre a Fox TV, onde traballa McFarlane, e mais a Warner Bros. que se converteu na propietária dos dereitos da série após de absorber á empresa creadora, a Hanna-Barbera.

Seica o maior problema era o desacougo da Warner por como ía tratar a Fox a esta série clásica, dado o historial de McFarlane (creador e responsábel de Family Guy, American Dad e Cleveland, todas elas séries dirixidas a adultos e cun humor moi agresivo). Polo de agora non se coñecen mais dados sobre o acordo alcanzado e non se sabe que tón exacto terá a nova série o a nova fasquía que lle pretenden dar.

A história tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, nunha paródia da Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á american de mediados do século XX. Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosáuros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.

Na série Family Guy son habituais as referéncias, paródias e mesmo cópias directas dos persoaxes d’Os Picapedra: