Dúas Branca Neves na mesma data

0
160

A Universal Pictures ven de mudar a data de estrea da súa megaprodución Snow White and the Huntsman dende nadal de 2012 até uns cantos meses antes: o 1 de xuño de 2012.

Os últimos axustes na produción permitiron que o proxecto, que está protagonizado por Kristen Stewart, Charlize Theron, Chris Hemsworth e Sam Claflin, poida estrear-se antes. O problema (o se cadra non é problema) é que a nova data de estrea elixida coincide coa da produción dos seus rivais da Relativity Media, Snow White, un proxecto que non ten o mesmo argumento pero que si ten aos mesmos persoaxes, e que está dirixido por Tarsem Singh (Immortals, The Cell) e protagonizado por Julia Roberts, Armie Hammer, Nathan Lane e Lily Collins.

A longametraxe da Relativity estaba prevista para se estrear o 29 de xuño de 2012, así que agora teremos dous filmes sobre Branca Neves estreándo-se o mesmo mes. Na Relativity Media non quixeron facer declaracións para comentar esta xogada da Universal, pero é doado imaxinar que non estarán nada contentos.