Cartos e guionistas para os Inmortáis

0
157

A Summit Entertainment e mais o RCR Media Group unirán as súas forzas para cofinanciar o remake do filme de culto de 1986 Os Inmortais (Highlander).

En Highlander, após de séculos de brutais duelos contra outros coma el, Connor MacLeod, un espadachín escocés inmortal, deberá enfrentar-se ao derradeiro da súa caste, un brutal asasino bárbaro. Quen gañe levará un fabuloso e descoñecido prémio destiñado ao derradeiro inmortal que fique vivo.

Christopher Lambert, Sean Connery e Clancy Brown protagonizaron o filme orixinal, que foi continuado por outras catro secuelas e por unha série de televisión. O filme da Summit tentará expandir a mitoloxía do filme orixinal, para o que contará cun guión de Art Marcum e Matt Holloway, xa confirmados coma os escritores do libreto.

Justin Lin (Fast Five) continúa polo de agora vencellado coma director deste proxecto, mentres que Neal Moritz e Peter Davis serán os produtores. A estrea será en 2012.