Bonneville, un Capitán Nemo en 3D

0
168

O veterán actor de televisión inglés Hugh Bonneville será o protagonista da longametraxe de acción steampunk en 3D Captain Nemo para a Shoreline Entertainment.

A história será unha pseudo secuela da obra de Jules Verne Vingt mille lieues sous les mers (20.000 légoas de viaxe submariña) e presentará ao mítico Capitán Nemo unindo as súas forzas co Presidente dos Estado Unidos Ulysses Grant para loitaren xuntos contra un malvado xénio do mal que está a causar desastres navais.

Pearry Teo dirixirá o proxecto que comeza a se filmar en Pequín no mes de agosto. Illuminate Hollywood será a empresa encargada dos efectos especiais mentres que Mark Rudnitksy e Amy Krell serán os produtores.

O longo currículo de Bonneville inclúe duas décadas de traballo, durante as que participou en séries coma The Robinsons, Bonekickers e Five Days e en filmes coma Mary Shelley’s Frankenstein. Actualmente é o protagonista de Downton Abbey e será un capitán pirata no episódio da semana que ven de Doutor Who.