A secuela de Monsters, xa en marcha

623

Unha das sorpresas mais agradábeis do cinema fantástico do ano pasado foi o filme de baixo orzamento de ciéncia-ficción Monsters, dirixido por Gareth Edwards e producido pola Vertigo Films. E ainda que Edwards xa está a traballar noutros proxectos, os estudos teñen a intención de continuar coa mesma ideia e xa teñen un proxecto de secuela para o que se veñen de revelar os primeiros detalles.

Falando do proxecto en Cannes, o produtor Alan Niblo dixo que o argumento estará ambientado no mesmo mundo cá primeira parte. E ainda que non quixo dar a coñecer detalles do guión, dixo estará protagonizado por dous irmáns, algo co mesmo xeito cá clásica novela de Joseph Conrad Heart of Darkness (O corazón das tebras), que incluirá unha viaxe polo río ao corazón do território controlado polos áliens.

Os directores da curtometraxe Now and Nowhere Brent Bonacorso e Jesse Atlas farán o seu debut no cinema grande neste proxecto, que escomezaráa se filmar en setembro, probábelmente en Arxentina, e cun orzamento de 5 millóns de dólares.