Tim Burton abandoa á raíña malvada

0
170

Tim Burton ven de abandoar o proxecto de Maleficent, a longametraxe con actores reais baseada na Raíña Malvada da película de debuxos animados da Walt Disney de 1959 A Bela Durminte.

Do mesmo xeito que Wicked contou a história do Meigo de Oz dende a perspectiva do persoaxe antagonista, Maleficent fará o mesmo para A Bela Durminte. O filme orixinal, Sleeping Beauty, non foi no seu tempo recibido con demasiado entusiasmo, pero si que recebiu moitas loubanzas pola sua fotografía e especialmetne polo persoaxe de Maleficent, a malvada raíña que se transforma nun dragón.

Burton estivo dende o comezo interesado neste proxecto, pero nunca chegou figurar oficialmente coma director. A participación da guionista que o acompañou en Alice in Wonderland fixo espertar moita confianzas en que sería el o realizador, e mesmo se chegou falar de Angelina Jolie coma protagonista.

Agora deberá escomezar a procura por un novo director, un posto para oque xa soa o nome de David Yates, responsábel dos últimos catro filmes da saga de Harry Potter.