Os anos perdidos de Merlín

0
166

Ed Whitworth escribirá o guión da adaptación ao cinema de The Lost Years of Merlin, o primeiro libro dunha série de aventuras fantásticas de T.A. Barron para a Warner Bros. Pictures, un proxecto xa considerado coma de alto orzamento.

Descrito coma a orixe da história do mítico meigo Merlín, o argumento vai sobre a súa travesía dende que era un neno abandoado na beira do mar de Gales sen memória e sen fogar, até se converter nun adolescente que debe aprender a utilizar os seus poderes e ao cabo defender á naturaleza e finalmente converter-se no mentor do rei Artur. O filme combinará os primeiros dous ibros da saga para facer unha soa película.

Whitworth é un xornalista do Times of London, que estudou na universidade de Oxford e que se converteu en lector de guións para a ICM e para a Harpo Productions, a compañía de Oprah Winfrey.

Donald De Line será o produtor. O proxecto estivo até agora nas mans da Paramount con Simon Kinberg a cargo do guión.