Tres candidatos a seren instrumentos

754

O actor de Camelot e Sweeney Todd Jamie Campbell Bower, o protagonista de Eragon Ed Speleers e mais o debutante Leebo Freeman pasaron xa polas probas de cásting para o papel do cazador de sombras Jace na vindeira adaptación ao cinema de The Mortal Instruments para a Screen Gems.

A história, baseada na série de seis novelas para adolescentes de Cassandra Clare, vai sobre unha nena cuxa nai é atacada por unha misteriosa creatura e raptada do seu fogar en New York. Cando a nena, Clary Fray (a quen interpretará Lily Collins), tente trae-la volta a casa, aprenderá unha série de desacougantes verdades sobre quen é de de onde provén.

Os tres actores mencionados son os candidatos para o papel do protagonista masculino, e caso de que o filme teña o éxito agardado e produza secuelas, sería un xeito potencial de crear-se unha carreira. Scott Charles Stewart é o director, mentres que Jessica Postigo adaptou o guión. Robert Kulzer, Michael Lynne e Robert Shaye son os produtores.