Escomeza a rodaxe de Dark Shadows

0
173

Esta semana escomezou en Inglaterra a produción de Dark Shadows, a versión de Tim Burton para a pantalla grande sobre a clásica série de culto da televisión.

Ademais dos xa confirmados no reparto Johnny Depp, Michelle Pfeiffer, Helena Bonham Carter, Eva Green, Jackie Earle Haley, Bella Heathcote e Chloe Moretz, hai que engadir á lista dous nomes mais de última hora: Jonny Lee Miller e mais o debutante Gulliver McGrath.

A produtora deu a coñecer o argumento do filme en toda a súa extensión:

No ano 1752, Joshua e Naomi Collins, xunto ao seu fillo Barnabas, embarcaron en Liverpool para escomezar unha nova vida en América. Pero nin o mesmo océano abondou para fuxir da misteriosa maldición que enmeigaá súa família. Duas décadas despois Barnabas (Johnny Depp) ten o mundo aos seus pes, ou alomenos a vila de Collinsport, Maine. Como amo de Collinwood Manor, Barnabas é rico, poderoso e un inveterado playboy… até que comete o grave erro de rachar o corazón de Angelique Bouchard (Eva Green). Coma bruxa, en todos os sentidos da palabra, Angelique enméiga-o cun destino peor cá morte: convérte-o nun vampiro, e logo entérra-o vivo.

Dous séculos despois, Barnabas é ceibado inadvertidamente da súa tumba e esperta ao mundo tan cambiado de 1972. Regresa a Collinwood Manor e atopa que a súa mansión está en ruínas. Os restos da família Collins non están moito millor, cadaún deles ten segredos de seu. A matriarca Elizabeth Collins Stoddard (Michelle Pfeiffer) ven de chamar á súa psiquiatra de toda a vida, a Dra. Julia Hoffman (Helena Bonham Carter), para que a axude cos problemas familiares.

Na casa tamén reside o irmán aparvado de Elizabeth, Roger Collins (Jonny Lee Miller); a súa rebelde filla adolescente Carolyn Stoddard (Chloe Moretz); e mais o precoz fillo de dez anos de Roger, David Collins (Gulliver McGrath). O mistério exténde-se alén da fmília, ao enterrador Willie Loomis, interpretado por Jackie Earle Haley, e á nanny de David, Victoria Winters, interpretada por Bella Heathcote.