As voces das pedras

0
135

Só uns días despois de que se informara que viña de asinar a súa participación en Still I Rise, a actriz Maggie Gyllenhaal ven de pechar un acordo para protagonizar unha longametraxe de terror.

Gyllenhaal protagonizará o thriller sobrenatural Voice from the Stone, baseado na novela do escritor italiano Silvio Raffo Le Voce Della Pietra, publicada en 1996. Nela intepretará a unha enfermeira contratada para coidar dun rapaz enmeigado por forzas maléficas atrapadas no interior dos muros dunha vella mansión no campo italián. E mentres desenvolve unha relación co pai do rapaz, ela mesma ficará enmeigada pola mesma forza diabólica e deberá salvar-se a si mesma e mais ao neno.

Eric Howell dirixe este proxecto, mentres que Dean Zanuck e mais Stefano Gallini serán os produtores.