50 Cent, cego por Odd Thomas

0
179

O rapeiro Curtis Jackson, mais coñecido polo seu nome artístico de 50 Cent, ven de asinar o contrato polo que se une ao reparto de Odd Thomas, a adaptación ao cinema dirixida por Stephen Sommers da novela supervendas de Dean Koontz na Fusion Films.

A história vai sobre Odd Thomas (Anton Yelchin), un vidente que traballa como cociñeiro e que é capaz de ver figuras nas sombras, ás que chama “bodachs”, e que se aparecen cada vez que vai acontecer unha morte ou un desastre. Pero cando as bodachs comecen a aparecer ao redor dun dos seus clientes, un tipo ao que el chama Fungón, Odd convénce-se de que o home está conectado a unha terríbel catástrofe que vai acontecer.

Jackson interpretará a Shamus Cocobolo, un DJ cego que tentará axudar ao protagonista. Addison Timlin, Willem Dafoe, Patton Oswalt, Gugu Mbatha-Raw e Nico Tortorella son os outros nomes xa confirmados. A rodaxe escomezará dentro duns poucos dias en Sante Fe, New Mexico.