Michelle Williams, a bruxa boa de Oz

0
163

Michelle Williams ven de recibir unha oferta para interpretar o papel de Glinda no vindeiro filme que dirixirá Sam Raimi, Oz: The Great and Powerful, na Disney Pictures.

Esta precuela de O Meigo de Oz narra a história das orixes do meigo e das bruxas do país de Oz: Glinda, a bruxa voz do norde, Evanorah, a ruxa malvada do leste, e Theodorah, a bruxa malvada do oeste.

James Franco e Mila Kunis xa están confirmado para os papéis do meigo e mais de Theodorah. Rachel Weisz está en conversas para se facer co papel da cobizosa Evanorah, pero o acordo é difícil porque o calendário de roaxa coincide xusto co do filme The Bourne Legacy, no que xa está comprometida.

O mes pasado informára-se que Raimi e os estudos estaban a rifar por ver se Williams ou Hilary Swank se facían co papel de Evanorah. Agora, seica Williams interpretaría á poderosa pero amábel Glinda, quen se aliará ao Meigo para derrotar a Evanorah.