Ian McKellen nunha comédia zombi

0
247

Ian McKellen, Judi Dench, Gillian Anderson e Mark Williams están todos vencellados para protagonizar The Curse Of The Buxom Strumpet, unha comédia de zombis dirixida por Matthew Butler e ambientada no século XVIII.

A história vai sobre os habitantes dunha pequena vila xunto ao mar, que son afectados por unha enfermidade mortal. O filme. segundo a produtora, é unha “extensión” da curtometraxe do mesmo director E’gad Zombies!, que tamém protagonizou McKellen.

Butler será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Tori Hart. A película conta cun orzamento de dous millóns de libras esterlinas e comezará a se rodar en Escócia a finais deste ano.