Keanu Reeves non estará en Akira

0
155

Segundo os últimos rumores, Keanu Reeves ven de abandoar o remake de Akira, no que estaba vencellado coma protagonista, e os estudos Warner en consecuéncia decidiron paralizar o proxecto até que dean con alguén que poida interpretar axeitadamente a Kaneda, o líder da banda de motoristas. O filme conta cun orzamento de 230 millóns de dólares, polo que a Warner non quere correr riscos e nestes intres nin tan sequera hai seguridade de que vai sair adiante.