Os superfalcatruáns de Nacho Vigalondo

0
173

O director español Nacho Vigalondo (Os Cronocrimes) semella ser o elixido para se encargar de adaptar á pantalla grande Supercrooks, unha nova série de cómic do mesmo autor de Wanted e Kick Ass, Mark Millar.

Polo de agora non se sabe se Vigalondo escribirá o guión desta versión para o cinema. O mes pasado Millar dixo que o cómic aparecería mais o menos ao mesmo tempo cá película, pero non hai datas nin para o escomezo da produción nin para a aparición do cómic nas librarías.

O argumento de Supercrooks xira ao redor dun grupo de superfalcatruáns que se dirixen a Europa a cometer a meirande falcatruada da súa carreira criminal. E por que a Europa? Pois porque todos os superheroes viven nos Estados Unidos, así que non haberá ninguén que os poida detér.