O remake de Carrie atopa guionista

0
208

O escritor e guionista Roberto Aguirre-Sacasa ven de recebir da Metro Goldwyn Mayer o encargo de facer un remake de Carrie, o clásico do xénero de terror estreado en 1976.

O guión de Aguirre-Sacasa tentará ser mais fiel ao orixinal da novela de Stephen King e afastar-se do filme que dirixiu Brian De Palma, no que Sissy Spacek interpretou a unha rapaza marxinada que usa os seus poderes telepáticos para se vingar da xente que a está a acosar.

Aguirre-Sacasa axudou asemade no guión dunha novela gráfica baseada noutro libro de Stephen King, nesta ocasión The Stand, e ademais colaborou no musical de Broadway Spider-Man: Turn Off the Dark.