Aronofsky para Maleficient e Moisés

0
199

Após de abandoar a dirección do filme The Wolverine, ao realizador Darren Aronofsky non lle faltan as ofertas e agora hai dous estudos que tentan facer-se cos seus servizos para dirixir senllos proxectos de grande orzamento.

O primeiro é a Disney Pictures, que quere contratar a Aronofsky para que dirixa o seu proxecto de Maleficent. O filme, que narra a história da Bela Durminte dende a perspectiva da raíña malvada, contaba coa dirección de Tim Burton até hai uns días, cando deixou o proxecto. David Yates é o outro nome que soa para sustituír a Burton.

E a segunda posibilidade é a que lle propón a Warner Bros. Pictures, que quere a Aronofsky para o seu novo drama bíblico, Moses. Este filme narrará a lenda do meigo Moisés, un persoaxe que aparece no libro sagrado de várias relixións e que realiza grandes miragres e axuda coa súa máxia ao povo de Israel. Dan Lin será o produtor.