Tom Cruise cae no Oblivion

0
166

Tom Cruise será definitivamente o protagonista da adaptación ao cinema da novela gráfica Oblivion, que a Universal Pictures realizará cun orzamento de 100 millóns de dólares.

Cruise interpretará a un soldado encargado de reparar drones e ún dos derradeiros seres humáns abandoados na superfície da Terra, un lugar agora inhóspito que a xente abandoou para ir vivir en grandes cidades por riba das nubes.

O protagonista atopa a unha muller que estrelou a súa nave contra a superfície, e xuntos iniciarán unha aventura que os levará a descubrir que non todo o que lles contaron sobre a Terra é certo.

Joseph Kosinski dirixe esta longametraxe, que conta cun guión de Karl Gajdusek e William Monahan. A rodaxe escomezará en outubro.