O país das lambetadas

0
155

A nova adaptación á pantalla grande do xogo de taboeiro infantil Candy Land será menos coma O meu pequeno Poni e seguirá mais as liñas dunha película de fantasía épica… ou alomenos iso é o que prometen os seus guionistas, Glenn Berger e Jonathan Aibel.

Berger, autor asemade da vindeira secuela de Kung Fu Panda, dixo nunha recente entrevista que “nós imaxinámo-lo coma O Señor dos Anéis, pero embientado nun mundo de caramelo. Non-o vemos coma unha película baseada nun xogo de mesa, ainda que ten persoaxes dese mundo e toma a ideia de xente que se atopa nun mundo que casualmente está feito por completo de caramelo, pero onde hai grandes batallas en marcha. Imos procurar auténtica comédia, acción real, e apostar polas emocións“.

O xogo en si mesmo non ten ningunha história detrás nin regras, deixando ceibe a toda caste de interpretacións e imaxinacións dos nenos sobre como debe xogar-se.