A sereíña mais sinistra

0
149

Após do grande éxito do ano pasado de Alice in Wonderland de Tim Burton, os estudos preparan mais adaptacións e versións escuras e para adultos de contos de fadas, e o seguinte na lista semella ser o clásico de Hans Christian Andersen A sereíña.

A Sony Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela de Carolyn Turgeon Mermaid: A Twist On The Classic Tale, que vai sobre dúas mulleres que loitan por se faceren co amor dun xoven príncipe: a serea Lenia e mais a princesa Margrethe dun reino rival.

O príncipe ao cabo terá que escoller a unha das dúas, unha elección que terá consecuéncias devastadoras non só para a perdedora senón tamén para todos os que a rodean. O tón da novela de Turgeon está mais preto do conto orixinal de Andersen, que era unha história escura e sinistra, ca da alegre e encantadora versión da Disney en debuxos animados de 1989.

A directora de Country Strong, Shana Feste, escribirá o guión e encargará-se da realización, mentres que Tobey Maguire será o produtor.