O futuro está no Facebook

0
165

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre The Future of Us, a vindeira novela de Jay Asher e Carolyn Mackler.

Ambientada en 1996, a história vai sobre unha rapaza que entra na Internet na súa casa por primeira vez, e cando inícia a súa sesión aparece un estraño sítio Web, que resulta ser o seu perfil de Facebook contando os vindeiros quince anos no futuro.

Ela e mais a súa millor amiga tentarán cambiar-se para encaixar nas partes positivas ou rexeitar as negativas dese futuro, pero axiña se decatan de que as pequenas e mais subtís decisións son as que teñen mais importáncia no que hai de vir. Denise Di Novi será a produtora.