Rymer dirixirá Witchblade

0
186

WitchbladeMichael Rymer, o produtor e realizador dunha vintena de episódios da série Battlestar Galactica e do filme Queen of the Damned, será o director e coprodutor da nova versión de Witchblade, a popular saga de cómics sobrenaturais da editorial Top Cow, a partir dun guión de Everett De Roche.

Os cómics tratan sobre unha luva con alfaias engarzadas que outorga ao seu posuidor uns poderes extraordinários. Este posuidor deberá sersempre unha muller escollida dentro de cada xeración.

O australiano Rymer, que dirixiu 20 episódios de Galáctica e produciu outros 40, rematou recentemente a produción de Revolution, un episódio piloto de dúas horas de duración para a NBC.

Witchblade é unha coprodución de Platinum Studios, Top Cow Productions e Arclight Films.

O cómic Witchblade, que vendeu máis de 100 millóns de exemplares en todo o mundo dende que debutara en 1995, xa contou previamente con dúas adaptacións: en 2000 produciu-se un telefilme que logo se converteu nunha série emitida durante dúas tempadas e que protagonizou Yancy Butler na canle TNT, e máis un programa de debuxos animados no Xapón.

Ao longo das eras naceron moitos campións que levaron o Witchblade, dende Samurais a Cruzados, Amazonas a soldados nos modernos campos de batalla. Raíñas, princesas, xenerais e gardiáns da paz utilizaron todas esta enigmática relíquia na súa loita por nos salvar das forzas do mal que ameazan ao mundo. En 2009 teremos a unha nova elixida nesta longa saga, cando se estree a adaptación ao cinema de Witchblade.