Dous novos Frankensteins

0
174

David Auburn, gañador dun prémio Pulitzer pola súa obra de teatro Proof, será o encargado de escribir o guión que adaptará á pantalla grande a novela de Peter Ackroyd The Casebook of Victor Frankenstein para a RT Features e mais a Ghost House Pictures.

A história narra os días de xuventude de Victor Frankenstein, que comeza experimentando con cadáveres, influído polo famoso poeta inglés Percy Bysshe Shelley. A autora da novela Frankenstein, Mary Shelley, é un persoaxe mais neste filme, que producirán Rodrigo Teixeira, Robert Tapert e Ilene Staple.

Pola súa banda, a Summit Entertainment ven de contratar ao director de Cloverfield e Let Me In, Matt Reeves, para que se encargue de realizar a adaptación ao cinema de This Dark Endeavor: The Apprenticeship of Victor Frankenstein, a vindeira novela de Kenneth Oppel. Jacob Estes (Mean Creek) escribirá o guión.

Neste segundo proxecto, o irmán xemelgo de Victor Frankenstein, Konrad, cae gravemente enfermo, e lle pide a Victor que vaia a buscar a un misterioso vello alquimista que pode producir un elixir da vida, un fabuloso xarabe que fornece a quen o beba con saúde eterna.

Enfrentado á terríbel posibilidade de perder ao seu irmán e axudado pola súa millor amiga, Elizabeth (cuxa relación con ambos irmáns vai-se facendo cada vez mais complicada) Victor sae á procura dos tres ingfredientes que se precisan para salvar a vida de Konrad. Karen Rosenfelt será a produtora do filme.

Ningún destes proxectos garda relación cos outros anteriormente anunciados e que están ainda en desenvolvemento en Hollywood, nos que se inclúe o remake de Guillermo del Toro do filme da Universal de 1931, a adaptación do guitarrista de Guns n Roses Slash Wake the Dead, ou a versión contemporánea da Sony Pictures que conta cun guión de Craig Fernandez.