O contraataque de Branca Neves

707

As apostas están cada día mais altas por ver cal dos dous filmes baseados en Branca Neves será o primeiro en se estrear.

Orixinalmente Snow White and the Huntsman da Universal, con Kristen Stewart, Chris Hemsworth e Charlize Theron ía aparecer en decembro de 2012. O filme da Relativity, ainda sen título, pero co mesmo persoaxe, e protagonizado por Julia Roberts e Armie Hammer, estaba preparado para estrear-se o 29 de xuño de 2012.

Pero hai uns días a Universal forzou as cousas, adiantando a estrea de Snow White and the Huntsman até o 1 de xuño de 2012 e pasando por riba da longametraxe da Relativity.

E agora, a Relativity ven de contraatacar, e anunciou que adianta a estrea do seu filme até o 16 de marzo de 2012.

Ningún dos dous filmes pode forzar moito mais as cousas, porque ningún deles entrou sequera na fase de rodaxe, co que só lles quedan uns poucos meses para atopar o resto do cásting, rematar o guión, rodar a película e pasar á postprodución. A pregunta é agora mesmo cal dous dous pasará antes pola liña de meta.

Por outra banda, a Relativity anunciou asemade que a cantante e actriz Mare Winningham e mais o veterán actor Michael Lerner interpretarán respectivamente a Baker Margaret e ao Barón. Para os papéis dos ananos están xa confirmados Mark Povinelli (Water for Elephants), Jordan Prentice (Harold & Kumar Go to White Castle), Danny Woodburn (Watchmen), Sebastian Saraceno (Bedtime Stories), Ronald Lee Clark (Epic Movie), Martin Klebba (Hancock) e Joey Gnoffo (Piratas do Caribe).