Nighy e Beckinsale no seu Desafío Total

0
201

Bill Nighy (Davy Jones en Pirates of the Caribbean: Dead Man’s Chest) está a negociar a súa entrada no reparto do vindeiro filme de Len Wiseman, o remake de Total Recall para a Sony Pictures.

A película, baseada no conto orixinal de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale, conta con Colin Farrell no papel de Douglas Quaid, un obreiro que após de visitar unha tenda que vende recordos implantados na memória, escomeza a crér que é un axente secreto, incapaz de decidir se traballa para Euromérica ou Nova Shanghai.

Nighy faría o papel de Quatto, o líder da resisténcia. Agárda-se que non se asemelle en nada ao boneco mutante que xurdía do peito doutra persoa no filme de 1990 que protagonizara Arnold Schwarzenegger.

E ao mesmo tempo, ven-se de anunciar que tal e coma se rumoreara previamente, Kate Beckinsale e Jessica Biel están confirmadas para os papeis femininos principais, e que Ethan Hawke terá un pequeno cameo. Bryan Cranston está xa tamén confirmado para facer o papel do malvado Cohagen.

A rodaxe escomezará en xuño en Toronto (Canadá).