A Torre Escura, na primavera?

0
188

O director Ron Howard anunciou que espera poder escomezar a rodaxe da súa planeada e ambiciosa adaptación ao cinema e mais a televisión d’A Torre Escura de Stephen King para a Universal Pictures uns seis meses mais tarde do inicialmente previsto.

Howard dixo que “tivemos que adiar a nosa data de escomezo inicial en setembro por mor do orzamento, o desenvolvemento da história e cuestións loxísticas, pero a Torre Escura está a avanzar. Agora coidamos que poderemos escomezar a princípios da primavera“.

O adiamento seica non afectou á estrela que se anunciou coma protagonista, Javier Bardem, pero agora mesmo soa coma que o actor non está tan atado a esta produción coma se coidaba anteriormente para o papel do pistoleiro Roland Deschain. “Realmente non podo dicir quen fará o papel, pero Javier Bardem amosou estar moi interesado. Saberémo-lo para finais do verán, cando as nosas luces verdes estean aseguradas“, engadiu Howard.

Ainda que a data oficial de estrea do 17 de maio de 2013 ainda non foi modificada, semella xa case seguro que o filme deberá adiar-se uns cantos meses nese mesmo ano.