As bonecas feas

0
201

Illumination Entertainment, a compañía que produciu o éxito do ano pasado Despicable Me, está a planear converter a colección de bonecos, libros e xoguetes Uglydoll nunha nova longametraxe de debuxos animados.

O matrimónio formado por David Horvath e Sun-Min Kim creaou os persoaxes en 2001 e dende aquela a súa compañía vendeu unha ampla gama de produtos licenciados e derivados, coma bonecas, libros para nenos, calendários, roupa ou tazóns de xantar.

O guionista de Little Fockers, Larry Stuckey, escribirá o guión deste filme, que producirá Christopher Meledandril. A Illumination Entertainment é unha filial da Universal Pictures, que será a encargada de distribuir a longametraxe e agardan que chegue a ser unha franquía importante.