Cooper prepára-se para ser o demo

0
174

No decurso dunha xira de promoción para a súa mais recente película, o actor Bradley Cooper confirmou as novas adiantadas por NOVA FANTASIA segundo as cales el será quen interprete a Lucifer na adaptación de Alex Proyas ao cinema do clásico poema épico de John Milton Paradiso Perdido. De feito, Cooper dixo que tivo que convencer a Proyas de sacar adiante o proxecto:

Darei-te un exemplo sobre Paradiso Perdido. Estudiei-no no coléxio, encantou-me… encantou-me a ideia de Lucifer coma un tipo moi carismático co que estás de acordo básicamente. Milton fixo unha moi boa descrición nese poema. E logo chega a Legendary Pictures, que fixeron The Hangover e están a facer Paradise Lost, así que lin o guión e encantou-me a ideia de dous fillos e un pai. E un día o pai di-lle ao fillo ‘Coñecedes ao can da família? Pois eu quero ao can mais que a vós e de feito vou construír unha casa enteira para que viva o can. E vós rapaces ides construír esa casa“. Cooper salientou asemade que tivo que convencer a Proyas de que el era o actor ideal para o papel de Lucifer.

Por outra banda, o actor confirmou que é un grande fan da saga de novelas de ciéncia-ficción Hyperion de Dan Simmons e que el e mais un amigo de seu escribiron o esbozo dun guión que as adapta ao cinema e que o enviaron ao produtor Graham King, posuidor dos dereitos. Cooper dixo que “agora estamos a negociar, imos escribir o guión para iso. E quen sabe o que pode acontecer“.