O Futuro Perfecto de Alex Proyas

0
168

Os realizadores australiáns Alex Proyas (I, Robot, Dark City) e Shane Abbess (Gabriel) poderían unir as súas forzas nun proxecto conxunto, un novo e cobizoso thriller de ciéncia-ficción titulado Future Perfect.

O proxecto descríbe-se coma unha versión apocalíptica de Paper Moon e Hanna. A história xira ao redor de dous asasinos creados mediante euxénese, un home maior e unha rapaza que poderían ser ou non pai e filla. A parella está a fuxir das autoridades.

O plan é adoptar o sistema que xa funcionou en District 9: un xoven director emerxente (Abbess), acompañado dun recoñecido produtor (Proyas), financiación independente e rodaxe con sistemas baratos, coa intención de facer un filme que semelle de grande orzamento pero que en realidade non pase duns poucos millóns de dólares.

Brian McGreevy e Lee Shipman escribiron o guión. A produción escomezará dentro duns días en Austrália.