“Reaper” na Sexta

851

Escena da série de TVA canle española La Sexta ven de se facer cos dereitos de emisión en Galiza da série da Disney Reaper, á que lle dará un tratamento especial en horário de máxima audiéncia.

Reaper vai sobre un rapaz de 21 anos e mais os seus colegas, que de súpeto entéra-se de que os seus pais venderan a súa alma ao demo cando el ainda non nacera. Na série, verá-se obrigado a traballar para o demo coma un cazarrecompensas persoal, á procura daqueles que fuxiron do inferno.

Reaper está dirixida por Kevin Smith e presénta-se coma unha paródia das séries sobrenaturais do gusto adolescente. Conta cun prantexamento atractivo pero que nos Estados Unidos non está a ter unha acollida espectacular, polo que agardan compensar as perdas vendéndoa en Europa.