Anúncios oficiais sobre O Hobbit

0
142

A New Line Cinema, a Warner Bros. Pictures e mais a MGM veñen de dar a coñecer nunha nota de prensa os títulos e datas oficiais para os dous filmes d’O Hobbit que está a dirixir Peter Jackson. O primeiro titulará-se The Hobbit: An Unexpected Journey e será estreado o 14 de decembro de 2012, mentres que o segundo filme levará por título The Hobbit: There and Back Again e ten a estrea prevista para o 13 de decembro de 2013.