Campbell Bower é o Instrumento Mortal

0
172

Un dos protagonistas da série de televisión Camelot e do filme Twilight, o actor Jamie Campbell Bower, ven de ser elixido para interpretar o papel principal de The Mortal Instruments, a nova longametraxe que está a preparar a Screen Gems.

Scott Charles Stewart dirixirá esta adaptación da série de novelas de Cassandra Clare na que a actriz Lily Collins dará vida a Clary Fray, unha rapaza cun poder psíquico que lle permite ver demos e cazadores de sombras.

Cando a súa nai resulte secuestrada, a rapaza sairá na súa procura, todo mentres aprende quen é realmente, de onde procede a súa linaxe e mais os seus excepcionais poderes. Bower fará o papel de Jace Wayland, un dos millores cazadores de sombras.