Burton pasa do 3D en Dark Shadows

0
173

Tim Burton ven de declarar nunha recente entrevista que a súa vindeira adaptación ao cinema da clásica série de televisión dos anos 60 Dark Shadows nin será rodada en 3D nin será convertida ao devandito formato con posterioridade, coma acontecera con Alice in Wonderland, o seu anterior traballo.

O director dixo que “non teño plans para o 3D. Encantou-me facer Alice in Wonderland en 3D. Frankeweenie, tamén farei iso en 3D. Hai xente que di ‘ei, imos facer todo en 3D’ e outros din que ódian o 3D. Eu coido que o público debería ter a opción de elixir. Non coido que se deba forzar a todos. E ao mesmo tempo, é algo estupendo“.

Burton tamén salientou que o tón do seu vindeiro filme irá directamente ao gran, será gótico, extraño, divertido, e mesmo etéreo, segundo manifestou: “é un tón realmente etéreo o que imos facer e ainda non sei como“.

A rodaxe está xa en marcha dende hai uns días en Londres, protagonizada por Johnny Depp, Helena Bonham Carter, Eva Green, Michelle Pfeiffer, Chloe Moretz e Jackie Earle Haley.