Gyllenhaal apoia o Oscar para Ledger

1418

Maggie GyllenhaalMaggie Gyllenhaal ven de apoiar a campaña para que lle sexa concedido un Oscar honorífico a título póstumo ao seu compañeiro no filme O Cabaleiro Escuro, Heath Ledger.

Christian Bale e Sir Michael Caine xa apoiaran anteriormente os chamamentos para que Ledger reciba unha estatuíña na vindeira gala dos prémios da Académia pola súa interpretación do Joker e Gyllenhaal coida que Ledger merece un prémio porque o seu papel serviu de inspiración para outros actores.

Gyllenhaal dixo á prensa que “para ser un bó actor tes que atopar un lugar onde ser libre, pero é moi raro ser absolutamente libre do xeito que el o foi neste filme“. E engadiu: “Foi inspirador traballar conel. Foi un grande pracer. Dalgún xeito sinto que é divertido pensar en Oscars cando non está vivo, pero ao mesmo tempo son un membro da Académia e votaría por el“.

Heath Ledger finou o pasado mes de xaneiro, pouco despóis de rematar o seu traballo en O Cabaleiro Escuro, por mor dunha sobredose de droga mentres se atopaba nun hotel.