Sutherland será o Presidente Snow

0
161

A Lionsgate e mais os produtores encargados de facer o filme longamente agardado que adaptará á pantalla grande a novela The Hunger Games veñen de anunciar que o veterán actor Donald Sutherland é o elixido para facer o papel do Presidente Snow.

A novela supervendas de ciéncia-ficción para adolescentes da escritora Suzanne Collins foi publicada orixinalmente en 2008, e é a primeira dunha triloxía protagonizada por unha rapaza de 16 anos chamada Katniss Everdeen, quen vive nun mundo post-apocalíptico no país de Panem, situado no lugar onde antes estaba América do Norde. Aquí, un poderoso governo que controla á povoación organiza un acontecemento anual televisado onde un rapaz e mais unha rapaza de cada distrito deben loitar a morte.

Nos libros, o Presidente Snow é o tirano de Panem e dos seus distritos dende hai 25 anos no intre no que dá comezo o relato. Ten unha fasquía de serpe, é cruel e despiadado e moi controlador. Sutherland probábelmente asinará para facer os tres filmes da saga, xa que o Presidente aparece nos tres libros.