A Disney quere a Burton para a quinta dos Piratas

938

Tim Burton, Sam Raimi, Shawn Levy, Chris Weitz e mais o mexicano Alfonso Cuarón son os candidatos que manexa a Disney Pictures a estas alturas coma posíbeis directores dunha hipotética quinta entrega dos Piratas do Caribe.

En xaneiro enviáron-lle unha oferta ao realizador da actual cuarta parte, Rob Marshall, pero este ainda non asinou ren. Se Marshall non regresa para a quinta parte, na Disney teñen moitas esperanzas de que Burton acepte dirixir a película, un posto que xa lle fora ofrecido para Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.

A falla de interese de Marshall non é unha sorpresa de todos os xeitos, xa que os últimos tempos está a tentar recrutar a Johnny Depp para facer un remake de The Thin Man. O guión para a quinta parte dos Piratas xa se rematou hai un par de semanas.