A Paramount Pictures e mais a Disruption Entertainment veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gráfica da DC Comics The Mighty.
A série narra a história de Gabriel Cole, un oficial de policía que lle debe a súa vida a Alpha-One, o único superheroe do mundo. Pero cando descubra os escuros segredos do seu heroe, Cole deberá loitar en solitário contra o ser humán mais poderoso da Terra.
Mary Parent, Cale Boyter e JC Spink serán os produtores. O proxecto é ún dos poucos títulos da DC que non está dentro do acordo que asinaron coa Warner Bros. Pictures e polo tanto estaba dispoñíbel para calquera outra produtora que quixese facer-se cos dereitos deste cómic, controlados polos seus creadores Keith Champagne e Peter Tomasi.