O Embaixador Álien

0
211

A editorial Platinum Studios Inc. (responsábel de Cowboys and Aliens) formará equipa coa Practical Pictures (Final Destination) para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema do cómic de Bob Keenan Alien At Large, segundo veñen de confirmar nunha nota de prensa oficial.

A história é unha comédia de ciéncia-ficción que vai sobre Boxavo Tan, o primeiro embaixador interestelar na Terra, un tipo especializado en causar desastres aló por onde pasa e capaz de converter unha situación totalmente inofensiva nunha catástrofe planetária. Pero nesta ocasión a súa chegada coincide cun intre no que unha raza alieníxena ía invadir a Terra, cousa que el evitará ainda sen se decatar.

Scott Michael Rosenberg, Craig Perry e Sheila Hanahan Taylor serán os produtores.