Wayne Kramer alcanzará a Ecstasia

0
164

A Relativity Media ven de se facer cos dereitos para o cinema para un drama ambientado no futuro titulado Ecstasia.

Situada nun universo alternativo, a história acontece nun tempo no que o amor xa non existe, agás se é simulado artificialmente a través dun custoso procedemento chamado “compromiso” e que se leva a cabo mediante chips de computador implantados no corpo.

Os que non poden pagar o custe do mantemento son obrigado á “disolución”, que fai rematar o vencello emocional. A parella protagonista deste filme, composta por un home e unha muller, teñen só dez días antes de perder o seu “compromiso”, polo quetentan desesperadamente refinanciar o seu amor.

Wayne Kramer (The Cooler) escribiu o guión e dirixirá o proxecto, que contará coa produción de Jason Felts, Rene Rigal, Ryan Kavanaugh, Tucker Tooley, Matt Rhodes e Renee Tab.